Lista de libros por el autor Paula Cabaleiro

Paula Cabaleiro

Restauradora de obras de arte pola Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia (2004). A súa formación deulle ferramentas para impartir talleres ocupacionais de artesanía para adultos con necesidades especiais.

Foi no Laboratorio Creativo de Polo onde comeza a sua exploración da arte dende un lugar máis profundo e íntimo, onde a interacción coas compañeiras é esencial. Este traballo persoal posibilita que emerxa unha forza interior que se reflexa na súa obra.

Actualmente realiza actividades de ioga, onde a meditación e a acción artística se unen para facilitar o benestar e o desenvolvemento das persoas.

Colección Mandala

Corazón Florecido

Paula Cabaleiro
18,42 €
Corazón florecido é o testemuño, escrito e visual, da viaxe de Toni García e Paula Cabaleiro polas veas do seu corazón florecido. Unha imaxe en movemento que comeza na máis fonda tristeza e avanza á procura a esperanza.
Mostrando 1-1 de 1 artículo(s)