Corazón Florecido

Corazón Florecido

Corazón florecido é o testemuño, escrito e visual, da viaxe de Toni García e Paula Cabaleiro polas veas do seu corazón florecido. Unha imaxe en movemento que comeza na máis fonda tristeza e avanza á procura a esperanza.

18,42 €
Impuestos incluidos

 
Páginas
58
Formato
15 x 21

Paula Cabaleiro

Restauradora de obras de arte pola Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia (2004). A súa formación deulle ferramentas para impartir talleres ocupacionais de artesanía para adultos con necesidades especiais.

Foi no Laboratorio Creativo de Polo onde comeza a sua exploración da arte dende un lugar máis profundo e íntimo, onde a interacción coas compañeiras é esencial. Este traballo persoal posibilita que emerxa unha forza interior que se reflexa na súa obra.

Actualmente realiza actividades de ioga, onde a meditación e a acción artística se unen para facilitar o benestar e o desenvolvemento das persoas.

Toni García

Doutor Arquitecto pola TUDelft (Paises Baixos). Profesor de arquitectura e urbanismo en distintas Universidades de Europa e América Latina.
Arquitecto en garcia-somoza arquitectos e editor en edicións espontáneas.
Entre a súas publicacións atópanse os libros: “From the village to the neighbourhood” (2021), “Vivenda Colectiva Vivenda Protexida” (2008), “Outras casas, outros hábitos” (2007), “25 Casas de Galicia” (2005), e o poema musicado “DEAMERICA” (1999).
Comentarios (0)
No hay reseñas de clientes en este momento.