O Parnaso sobre rodas

O Parnaso sobre rodas

Narrador do libro Belén Fortes.

Helen McGill é unha muller de 39 años que vive nunha granxa co seu irmán, Andrew, ao que só lle interesa converterse nun escritor famoso. Helen está cansa de ter que coidar sempre del, así que, cando Roger Mifflin se presenta na súa casa coa intención de venderlle a súa librería ambulante a Andrew, decide mercala ela mesma. Helen quere aproveitar esta oportunidade para vivir as súas propias aventuras e percorrer o mundo, e a travesía co señor Mifflin, chea de andanzas e sucesos extraordinarios, fai que se entusiasme coa natureza e cos libros e descubra os valores e o estilo de vida dun vendedor ambulante.

8,00 €
IVA incluido

 
9788412951660
Belén Fortes López

Belén Fortes López

Filóloga, especializada en literatura galega do século XIX. Ata o día de hoxe publicou o ensaio: Manuel Murguía e a cultura galega e coordinou o libro Escrita e mulleres. Doce ensaios arredor de Virginia Woolf.

Tamén é coautora do Diccionario da Literatura Galega en IV volumes (Galaxia) e do Vocabulario das Matemáticas (USC).

Colaboradora habitual na prensa galega e tradutora, entre os seus traballos destacan unha serie de entrevistas a escritores galegos publicadas entre os anos 2000 e 2004.

Despois de traballar no Proxecto Sarmiento do Consello da Cultura Galega, como directora literaria en Sotelo Blanco Edicións e como coordinadora do Diario de Sesións do Parlamento de Galicia, foi técnica do Servizo de Normalización Lingüística da Confederación de Empresarios de Galicia.

Na actualidade dirixe a empresa Ardora Comunicación SL e é responsable da promoción editorial de Alfaguara e Tusquets en Galicia.

Comentarios (0)
Non hai avaliacións das clientas polo momento.