Axente do Servizo de Vixilancia Aduaneira e apaixonado do mar, é colaborador habitual da revista Viajes National Geographic.
É autor das novelas Amargas han sido las horas, O violín de Sarasate, Tristemil e do estudo histórico Navegantes, corsarios e piratas.
En 2003 publicou Memorial de a bordo ("un libro bello y melancólico" en palabras de Arturo Pérez Reverte), onde mestura a ficción e o ensaio.
Tamén é autor do libro O corsario. Vida e tempos de Juan Gago de Mendoza.