José Gómez Veiga "Curros"

José Gómez Veiga "Curros"

Premio convocado pola Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago e a USC.

24,00 €
IVA incluido

 

Traballo de investigación da musicóloga brasileira Leslie Freitas de Torres (São Paulo, 1984) no que a autora nos achega á vida dun dos compositores que máis dinamizou a vida musical de Santiago a finais do século xix e comezos do xx, tanto como intérprete, profesor de violín, director ou compositor, e no que se reflicte o mundo musical e social da Compostela da época.

Inclúe a catalogación de todas as obras coñecidas do músico, que ascenden a 37.

Páxinas
233
Formato
24 x 17 cm
Leslie Freitas de Torres

Leslie Freitas de Torres (São Paulo, 1984)

Musicóloga brasileira doutora en Historia da Arte e Musicoloxía (Universidad de Oviedo) e licenciada en Música (Universidade de Brasilia), cun mestrado en Patrimonio Cultural (Universidad da Coruña) e outro en Música Hispana (Universidad de Salamanca).

Como investigadora independiente, colaborou cos grupos de investigación Organistrum, da Universidad de Santiago de Compostela, e Acciones Académicas en la Historia presente do Departamento de Música da Universidad Autónoma de Aguascalientes, México.

Publicou tres libros sobre a vida compostelá no século XIX: El Colegio de Sordomudos y de Ciegos de Santiago de Compostela (1864-2016); El sonido de la beneficencia emitido por las clases de música del Colegio de Sordomudos y de Ciegos de Santiago de Compostela (1868-1957) e José Gómez Veiga «Curros». El rostro de la música compostelana, obra pola que foi galardoada co Premio de Investigación Histórica Domingo Fontán, da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago.

Comentarios (0)
Non hai avaliacións das clientas polo momento.