Autores: Miguel Taín Guzmán e José Calvo López.
O Consorcio de Santiago e a Editorial Guiverny acaban de publicar un libro sobre as monteas atopadas hai catro anos no convento de Santa Clara de Santiago de Compostela, que datan de 1720 e foron realizadas baixo a dirección do mestre Simón Rodríguez.
En 2014 o Consorcio de Santiago retirou a tarima de madeira que forma a capa superior do pavimento da igrexa do convento de Santa Clara, co fin de proceder á súa renovación. Baixo a tarima, apareceron unha gran cantidade de trazados inscritos sobre as lousas de granito que constitúen o pavimento. Os arquitectos da Oficina Técnica do Consorcio recoñeceron neles o remate ou coroación da fachada da portería do convento e outros debuxos repartidos por toda a igrexa.
Durante varios séculos, durante o proceso construtivo realizábanse, no solo ou nos muros dos edificios, debuxos, a escala real, gravándoos na pedra cun punzón metálico. As monteas adoitaban facerse no lugar do seu emprazamento e servían de guía aos canteiros para tallar, construír e situar os distintos elementos construtivos.
- Páxinas
- 158
- Formato
- 29,5 x 20,5 cm