Eclipse

Eclipse

En tempos de micropoesía, microrrelato, microteatro ou microcine, a autora atrévese a ir aínda máis lonxe e reducir a poesía a “nanopoesía”.

9,00 €
IVA incluido

 

Este libro acolle poemas de ata 4 versos como extensión máxima, o que obriga á poeta para expresar o que quere con moi poucas palabras. Trátase dun reto e dun ensaio ou experimento (nunca un xogo) para demostrar como a poesía pode ser máis que nunca a quintaesencia da literatura.

Non son haikus nin aforismos. Son nanopoemas. Poesía encapsulada grazas ao dominio da síntese e da fusión entre forma e fondo.

No seu terceiro poemario, que deixa un rastro de despedida e de derrota, Belén Fortes se interna nun novo subgénero cuxa limitada extensión a leva a construír poemas que son muros de silencio. Eclipse xorde así como un territorio poboado polo baleiro que hai dentro de cada palabra.

En opinión de Xaime Toxo, prologuista, este libro é travesía por unha sombra que se alonga no tempo. “Viaxamos polo texto que somos para deixarnos atrás”.

Páxinas
80
Formato
17 x 12 cm
Belén Fortes López

Belén Fortes López

Filóloga, especializada en literatura galega do século XIX. Ata o día de hoxe publicou o ensaio: Manuel Murguía e a cultura galega e coordinou o libro Escrita e mulleres. Doce ensaios arredor de Virginia Woolf.

Tamén é coautora do Diccionario da Literatura Galega en IV volumes (Galaxia) e do Vocabulario das Matemáticas (USC).

Colaboradora habitual na prensa galega e tradutora, entre os seus traballos destacan unha serie de entrevistas a escritores galegos publicadas entre os anos 2000 e 2004.

Despois de traballar no Proxecto Sarmiento do Consello da Cultura Galega, como directora literaria en Sotelo Blanco Edicións e como coordinadora do Diario de Sesións do Parlamento de Galicia, foi técnica do Servizo de Normalización Lingüística da Confederación de Empresarios de Galicia.

Na actualidade dirixe a empresa Ardora Comunicación SL e é responsable da promoción editorial de Alfaguara e Tusquets en Galicia.

Comentarios (0)
Non hai avaliacións das clientas polo momento.