Un hombre

Un hombre

Un home, un pintor, agarda nun hotel a chegada da amada e, mentres espera, revisa a súa vida á luz do amor imposible.

16,00 €
IVA incluido

 

Do mesmo xeito que os diminutos barcos sobre a baía gris, apenas uns puntos brancos no horizonte, tamén a vida do protagonista segue o vaivén das ondas a mercé dun tempo que xa non é, que non volverá ser.

Existiu en realidade un neno que responde ao seu mesmo nome, uns pais, un irmán? Como sabelo se todo empeza nela? O demais é esbozo, bosquexo dun cadro que non verá a luz. 

Un hombre é un libro cunha forte impronta centroeuropea, que nos lembra a mellor prosa de grandes escritores como Sándor Márai, Stefan Zweig  o Robert Walser.

Páxinas
150
Formato
19,5 x 13 cm
Luis Rodríguez Cao

Luis Rodríguez Cao

Doutor en Psicoloxía. Foi responsable da área de Superdotación Intelectual da provincia da Coruña, dependente da Consellería de Educación da Xunta de Galicia desde 1998 a 2017.

Autor de libros e artigos científicos en revistas especializadas de Psicoloxía e Educación.

Comentarios (0)
Non hai avaliacións das clientas polo momento.