Lista de produtos polo autor Ángel Luis Hueso Montón

Ángel Luis Hueso Montón ((Madrid, 1945)

Doutor en Filosofia e Letras pola Universidade Complutense. Incorporouse á Universidade de Santiago como docente no ano 1979 e dende 1990 é catedrático de Historia da Arte (do Cine) nesta mesma universidade.

É académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes, foi Premio José Séller da Academia Galega do Audiovisual e recibiu a Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela e a Medalla do Círculo de Escritores Cinematográficos ao labor literario e docente.

Como resultado das súas investigacións relacionadas co cine, publicou numerosos libros, entre os que se atopan: Historia de los géneros cinematográficos (1976) e Géneros cinematográficos (Materiales bibliográficos y filmográficos) (1983); El cine y la historia del siglo XX (1983) ou El cine y el siglo XX (1998).

Como investigador, dedicou especial atención aos aspectos relacionados co asentamento do cine en Galicia  e coa localización e catalogación dos fondos cinematográficos: Catálogo dos fondos cinematográficos nos arquivos públicos galegos (1990), Fontes e documentos sobre cine en Galicia nos arquivos da Administración Central (1992). Nun plano máis xeral, é autor de Filmografía Galega: longametraxes de ficción (1998) e Filmografía galega. Curtametraxes (2002).

Dirixiu o proxecto de investigación para a realización da filmografía española dos anos 40 e varios estudos relativos á recuperación do patrimonio cinematográfico galego.

Colección Patrimonio

O cinema e os cines en Santiago

Ángel Luis Hueso Montón
24,00 €
Autores: Fernando Rodríguez Madriñán, José Luis Castro de Paz y José M.ª Folgar de la Calle, Ángel Luis Hueso Montón, Xosé Enrique Acuña, Jesús Ángel Sánchez García, Xosé Ramón Pousa, Mario Eijo Barrio, José Luis Losa, Fernando Cortizo, Miguel Piñeiro Devesa, Eduardo Galán Blanco, Suso de Toro e Moncho Lemos.
Amosando 1-1 de 1 artigo(s)