Autores: Fernando Rodríguez Madriñán, José Luis Castro de Paz y José M.ª Folgar de la Calle, Ángel Luis Hueso Montón, Xosé Enrique Acuña, Jesús Ángel Sánchez García, Xosé Ramón Pousa, Mario Eijo Barrio, José Luis Losa, Fernando Cortizo, Miguel Piñeiro Devesa, Eduardo Galán Blanco, Suso de Toro e Moncho Lemos.
Obra colectiva, que toca todos os puntos relativos ao cinema en Compostela, coa que Ed. Guiverny se propón ofrecer unha ampla visión do cinema en Compostela, que, entreverada coa crónica sentimental, aborda desde as orixes ata o cineclubismo ou a implicación da Universidade na difusión e estudo da sétima arte. Resátase tamén a figura do primeiro xornalista autóctono en entrevistar a grandes actores e actrices, e menciónanse casos exitosos do sector da animación, ao tempo que se redescobre unha peza singular do documentalismo dos anos 50 ou se analizan os cines da cidade desde unha perspectiva arquitectónica.
Con este proxecto editorial, no que participaron algúns dos expertos galegos na materia, aspiramos a ofrecerlle ao público un libro sobre o cinema en Compostela cuxo eixo transversal sexa a propia cidade e redescubrir a historia do cinema e das salas de cine de Santiago ao longo do tempo, xunto co seu impacto na vida e na transformación social da que acabaría sendo capital de Galicia.
- Páxinas
- 208
- Formato
- 28 x 21 cm