É un xornalista e escritor madrileño, gañador de varios premios literarios ao longo da súa traxectoria.
Foi redactor xefe da revista de divulgación Historia de Iberia Vieja. Publicou un libro sobre a guerra civil e colabora con dúas publicacións de historia (Historia y Vida y Muy Historia). Así mesmo, dirixe a revista especializada Turismo Rural.
Como di o prologuista, Juan Carlos Martín Cobano: “Poetas como este necesitan que os difundan. Simula andar con total normalidade e destreza polos carreiros das prosas e dos escritos divulgativos que poñen o pan sobre a mesa, pero sabemos que afoga pouco a pouco se non sae deses charcos a boquexar no aire puro da poesía”.
O poemario divídese en catro partes (“Ella”, “Palabras”, “Tiempos” e “Él”), cada unha delas con poemas sen título de extensión variable, aos que hai que engadir un prólogo (Introito) e unha coda final, cun pouso diferente en cada parte.