Filóloga, especializada en literatura galega do século XIX. Ata o día de hoxe publicou o ensaio: Manuel Murguía e a cultura galega e coordinou o libro Escrita e mulleres. Doce ensaios arredor de Virginia Woolf.
Tamén é coautora do Diccionario da Literatura Galega en IV volumes (Galaxia) e do Vocabulario das Matemáticas (USC).
Colaboradora habitual na prensa galega e tradutora, entre os seus traballos destacan unha serie de entrevistas a escritores galegos publicadas entre os anos 2000 e 2004.
Despois de traballar no Proxecto Sarmiento do Consello da Cultura Galega, como directora literaria en Sotelo Blanco Edicións e como coordinadora do Diario de Sesións do Parlamento de Galicia, foi técnica do Servizo de Normalización Lingüística da Confederación de Empresarios de Galicia.
Na actualidade dirixe a empresa Ardora Comunicación SL e é responsable da promoción editorial de Alfaguara e Tusquets en Galicia.