Este libro, da historiadora e técnica en Protocolo da Guarda, Gemma Rodríguez Alonso, aborda desde varias perspectiva aspectos relativos ao Día de Galicia: orixes, historia e evolución, con motivo do seu centenario, cunha detallada documentación dos actos institucionais nos que se celebrou esta data en Galicia.
A mediados do século XIX e durante o primeiro terzo do XX, os pais do Rexurdimento, os integrantes das Irmandades da Fala, os intelectuais da xeración Nós e exiliados republicanos galegos en América dedicáronse a construír e imaxinar unha nova nación galega, dotándoa de símbolos patrios.
No ano 2020 conmemoráronse 100 anos da institución do Día de Galicia, efeméride arredor da cal este libro realiza un percorrido histórico. Tras este centenario hai un longo acervo de celebracións. Este libro trata de responder a unha serie de cuestións relacionadas coa representación oficial da identidade galega.
- Páxinas
- 80
- Formato
- 13,5 x 20 cm