Máis dun centenar de retratos realizados por Carlos Maside chega ás librerías nun libro editado pola Editorial Guiverny e o Consorcio de Santiago. Trátase dunha importante colectánea de case 200 retratos (a lapis, pluma ou tinta sobre papel) realizados por este imprescindible renovador da arte da primeira metade do século XX, entre os que se atopan os máis importantes contemporáneos galegos do pintor (Ánxel Casal, Ramón Cabanillas, Castelao, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Amado Carballo, Eugenio Montes, Fernández del Riego, Alexandre Bóveda e un longo etcétera). Textos introductorios de María Esther Rodríguez Losada, Aurora Marco, Mercedes Rozas e María Xosé Fernández Cerviño.
- Páxinas
- 236
- Formato
- 30 x 21 cm
Comentarios (0)
Non hai avaliacións das clientas polo momento.