Nos anos 80, sufrindo Vigo a reconversión do naval, asistiu ao espectacular despegue do sector da moda en Galicia –formando parte do equipo de Galicia Moda e integrándose despois no de María Moreira–. A explosión da moda galega iría seguida do que daquela se denominou “movida”, fenómeno que, xunto con Galicia Moda, situou a Galicia (especialmente a Vigo) no centro do mapa, tanto no eido da música, coma no da arte, a poesía ou as publicacións máis rupturistas.
Con esta obra quérese render un tributo a un momento moi especial da nosa historia no que fomos vangarda creativa e comercial nun sector –o da moda– que non estaba e ninguén agardaba. Un momento, ademais, de grande efervescencia cultural e social, con Vigo como epicentro. En Galicia había deseñadores forxados no taller (non intelectuais do deseño), que traballaban en medio dun frenesí social que levaba os nosos creadores e a súa xente por Madrid, Barcelona, París, Florencia, Milán, Colonia, Nova York, Londres…
Galicia Moda nace nos anos 80. Na súa sede viguesa, un equipo diversificado encargábase cada día de facer fronte á tarefa motora da reconversión e dinamización do sector do téxtil galego, conseguindo poñelo de moda.
- Páxinas
- 218
- Formato
- 30 x 22