Arquitectura do lume en Compostela é, por unha banda, un compendio fotográfico das estruturas construtivas máis importantes da cidade para o aproveitamentamento da enerxía do lume, xunto coa explicación das súas características especiais e do porqué destas (onde a meteoroloxía ocupa un lugar importante), e, por outra, unha análise do papel transformador da enerxía calorífica na mellora da calidade de vida dos seus habitantes, e nos cambios sociais que trouxo consigo e que transformaron o trazado da cidade.
O arquitecto Yago Bonet, principal especialista deste tema no noso país, remóntase no tempo e ofrece un estudo histórico da evolución destas construcións e do lugar privilexiado que ocupaba Santiago, grazas ao Camiño e ás novidades introducidas por Reimundo de Borgoña.
Unha completa análise na que o autor deste libro se remonta ás primeiras casas con teitos fumegantes: as pallozas.
A parte gráfica do libro correu a cargo do arquitecto e artista disciplinar Sergio Portela, con impactantes e fermosas fotografías de chemineas e lareiras de edificios públicos e privados, conventos, pazos, fornos, chemineas históricas, pezas singulares ou únicas, etc.
- Páxinas
- 180
- Formato
- 30 x 22 cm